viernes, 12 de febrero de 2016

A DXX quitanos a bolsa de horas sen previo aviso.

A Dirección Xeral de Xustiza o xoves pasado enviou a todas as delegacións provinciais, instruccións a fin de que se suspendan, e por tanto non se poidan acumulalas horas que se fan de máis, para disfrutar  ata un máximo de tres días de libranza.
Desde este sindicato non podemos entender que a Dirección Xeral, dite estas instruccións sen darlle aviso aos traballadores, e sen negociación de ningún tipo cos representantes dos mesmos, e case mes e medio despois de empezar o ano, parece  un  castigo premeditado sen explicacións de ningún tipo.
Sobre as horas que xa fixeron algúns compañeiros, non saben darnos resposta de como o xestionarán, aínda que o Orde do horario señala que “son recuperables no mes seguinte no horario flexible”.
Desde este sindicato opoñémonos rotundamente a dicha medida, por ser tomada unilateralmente, sen consenso e sen aviso.