Co gallo do rexistro telemático de demandas e
escrito civiles, esa Dirección Xeral concedeu prolongacións de xornada a
un/unha funcionari@ naquelas vilas que contan cun ou dous xulgados.
O vindeiro 16 de xuño empeza o horario de
verán na Administración de Xustiza en Galicia, e a xente que ten prolongación
de xornada está obrigados a realizar 8 horas diarias de traballo efectivo, non
teñen posibilidade de que se lle rebaixe a xornada de traballo. Ademáis deben
facer unha media de 8 horas o día, pero aplicandoselle a eles/as tamén o
horario de verán, non poden entrar antes das 8 da mañán nin sair despois da
17:30 horas.
Eso supón que entrando as 8 da mañán non
poden sair ata as 4 da tarde, no mellor dos casos, e que apenas lles queda
tempo para recuperar horario pola tarde, xa que as 17:30 teñen que fichar a
saída.
Non parece loxico tal perxuizo a unhas
persoas que, por mor do desenvolvemento dun horario especial, non se lle aplica
os beneficios do horario de verán, e sen
embargo sufren as consecuencias negativas de quedar encasilladas nuna franxa
horaria moi reducida, sen apenas posibilidades para compaxinar a sua vida
laboral e familiar.
En base o anterior SOLICITAMOS DA DXX: que se artelle a
maneira para que ó persoal que conte con prolongación de
xornada, por rexistro ou outra causa, no periodo que vai do 16 de xuño ó 15 de septembro, se lle
aplique o horaio xeral ou de inverno, para o solo efecto da posibilidade de entrar
as 7:30 hora a sair as 18:30, cremos que no perxudica o servizo, nin os demáis
compañeiros.
A falta dunha mellor apción propoñemos que se
faga mediante unha incidencia horaria e diaria que mandará a persoa que se
acolla a tal posibilidade, como se fai para o persoal de garda de permanencia.
ver escrito orixinal con selo de entrada