A semana pasada
tivo lugar no edificio xudicial novo de Ourense un acontecemento, que menos mal
que quedou nunha anécdota, pero que descubriu as carencias e fallos nas medidas
de seguridade coas que conta o edificio, os seus sistemas antiincendios e o diseño do mesmo para a
evacuación das persoas que están a traballar e mailos cidadáns que acuden a él.
En concreto unha
funcionaria, con cargo de Xuíz, puxose a fumar no interior do inmoble, parece
ser que non é a primeira vez, e tirou a cabicha mal apagada a papeleira, o que
produxo certa combustión e o fume activou as alarmas de incendio, sen máis
consecuencias. Cremos necesario que se tomen
medidas para que non volva a suceder, sexa quen sexa o infractor/a e teña o
cargo que teña.
Menos mal que
solo foi un susto, pero a pesares de soar a alarma durante un bo anaco de tempo
apenas ninguén se moveu do seu posto de traballo. O persoal que estaba nese
momento non foi quen de relacionar o son da alarma co perigo de incendio,
descoñecían que se trataba da alarma e do risco que se corria o permanecer no
edificio, nunca a oiran, ni nunca fixeran un simulacro de desaloxo.
O diseño do novo
edificio xudicial o estar envolto nunha tela métalica e carecer de fiestras,
dificulta en gran medida a saida de fume no
caso de incendio, e o posible rescate de persoas que se queden atrapadas
no seu interior. A esto hai que sumarlle que a saída de emerxencia interior é
demasiado estreita para unha evacuación rápida, as escaleiras son moi empinadas
e a alumbrado das mesmas conta con sistema de encendido por movemento, que se
vai encendendo según vas pasando, pero que é demasiado lento si vas fuxindo dun
perigo, podendo provocar caidas por falta de luz e como consecuencia das mesmas
atascamentos e esmagamentos nos momentos de pánico.
POR ESO SOLICITAMOS A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA: que se faga un plan de evacuación axeitado as
peculiaridades do edificio xudicial de Ourense, no que participen os traballadores/as
e se teñan en conta a súas propostas. Se arranxen as deficiencias na saída de
emerxencia e se busque solucións a nula saída de gases e fume, se constrúan fiestras no cristal e ocos na tela metálica en
en cada andar, para un mellor e máis rápido rescate de persoas atrapadas. Por
último, se prepare e se leve a cabo un simulacro de incendio con evacuación do
inmoble, para que o persoal se familiarice co son da alarma e identifique sin
dudar o modo máis rápido de evacuación dependendo da súa ubicación.
Ver escrito orixinal con data de presentación