martes, 17 de marzo de 2015

Ourense: STAJ pide que se designe persoal que atenda en exclusiva os arquivos.

O pasado dia 2 de marzo comenzou a mudanza dos xulgados de Ourense ao Edificio Xudicial novo, en cuestión dun mes e pico estarán ubicados ali tódolos órganos xudiciais de Orense, agas as dúas Seccións da Audiencia Provincial que quedara no seu emplazamento actual no Pazo de Xustiza.
        
Non  deixamos pasar esta ocasión para criticar o desprezo da administración para cos funcionarios, que son obrigados a traballar en condicións tercermundistas, sen apenas espazo suficiente para as mesas, para ordenadores e as estanterías,  sen luz natural e sen vistas, metidos nunha especie de bunker inhabitable e inhuman. Non se pensou nas persoas, polo menos na maior parte delas que ali teñen que traballar, e solo se mirou o deseño do inmoble e que o arquitecto se pudera lucir. Ainda por riba despilfarranse os cartos nun edificio que xa nace pequeño e sen espazo para ubicar os arquivos.

Neste escrito solicitamos que os arquivos que queden no Pazo de Xustiza sexan atendidos por persoal en exclusiva para arquivar e desarquivar expedienes, subalternos da propia Conselleria ou interinos nun primeiro momento, evitando así os desprazamentos do persoal de Auxilio e a perda de tempo que elo conleva,  vemos tamén necesario un vehiculo oficial con conductor adicado solamente a tarefa do traslado de expedientes.
Velo escrito dirixido a DXX