jueves, 29 de enero de 2015

Recuperación do 12,5% da paga extra, outra mentira de Feijoo.

Onte contabámosvos que as cantidades que recibimos na nómina de xaneiro non se correspondían co 12,5% da paga extra de 2012, era inferior no concepto Paga Extraordinaria e sobre todo no concepto Paga Adicional, hoxe sabemos que todo foi un conto de Feijoo e o seu Goberno.

Na Disposición Adicional Décimo Sétima da Lei de Orzamentos de Galicia para o ano 2015, nin se fala da recuperación do 25%, nin de recuperar o 12,5% en cada unha das dúas mensualidades, solo se fala de recuperar 22 dias da paga  extraordinaria e 7 días da Paga Adicional, e eso e o que nos diron, o resto solo era un conto, propaganda electoral.
Ver Disposición Adicional Decimo Setima da Lei de Orzamentos

Eses 22 días da Paga Extraordinaria non representan o 12,5%, senon solo o 12%, e os 7 días da paga Adicional solo son o 4% de esa cantidade, en definitiva o que nos pagaron non chega a ser o 10,5% dunha Paga Extra integra, un engano máis de Feijoo os empregados/as públicos e a cidadanía.

Pero a maiores, resulta que como na Lei de Orzamentos solo se regula a devolución de eses 22 dias da Paga Extraordinaia e 7 a Paga Adicional, para devolvernos o resto ata o 25% teñen que regulalo nunha Disposición da nova Lei da Función Pública de Galicia, que aínda non foi aprobada polo Parlamento galego, e eso pode retrasar o pago para despois de abril e despois das eleccións de maio, veremos si cobramos, cando e canto.

Deixamosvos a formula que usaron para a devolución deste nómina. Na paga extraordinaria dividen por 183 dias porque se devenga do 1 de xuño o 30 de novembro, e na Paga Adicional dividen por 184 porque a seu devengo é de o 1 de xullo o 31 de decembro, e ese periodo ten un día máis.