Respecto á noticia aparecida na intranet de Xustiza, sobre cómo renovar o certificado de empregado público, vos informamos do seguinte:
1º) Hai certificados que a finais de ano caducarán, hai outros que a súa renovación pode chegar a finais de xuño, é dicir non todos os certificados caducan ó mesmo tempo.
2º) Podemos informarnos no Centro de Servizos ao Usuario de Xustiza de cando caduca o nóso certificado.
3º) Hai dúas formas de renovalo, a través de internet personalmente ou outra non tan engorrosa como é a presencial, faino persoal especializado.
4º) Respeto á renovación presencial maniféstannos dende o CSU que van enviar un técnico a cada localidade, en moitas localidades xa lles deron o día -previamente avisarán ó Decanato- a fin de proceder á renovación do certificado nos xulgados. Caso de non estar ese día teremos que avisar ó CSU a fin de poder tramitala doutro xeito.
Para calquera dúbida poñédevos en contacto cos nosos delegados.