martes, 29 de julio de 2014

O Preacordo e a demagoxia como instrumento electoral.

Xa quedan poucos meses para as eleccións sindicais no ámbito da Administración de Xustiza, e algúns Sindicatos xa están en campaña electoral, que para eles tradúcese en desacreditar a labor do resto de organizacións sindicais, publicando notas informativas cheas  de mentiras, medias verdades, ocultado datos…., en definitiva pura e dura DEMAGOXIA.

Esto ven a conto do Preacordo asinado na Mesa Sectorial de Madrid, por este Sindicato e dous máis, referente exclusivamente a modificación da LOPX. Como sabedes, entre outras cousas, esa modificación (Anteproxecto de Lei) instauraba os Tribunais de Instancia de carácter provincial, suprimía os Partidos Xudiciais, as Audiencias e os Xulgados de Paz. Todo eso conlevaría a movilidade forzosa de todo o persoal afectado, desaparecerían milleiros de postos de traballo, impoñíase un solo centro de destino de ámbito provincial, reduciríanse as prazas dos concursos de traslado, e durante anos non se convocarían oposicións, recortábase a promoción interna, endurecíase o rexime disciplinario…..

Pois así as cousas, resulta que a CIG, da man de ELA, levantouse da Mesa Sectorial do día 10 de xullo tan pronto comenzou,  polo que non estivo presente durante a negociación nin durante a proposta de Preacordo feita polo Ministerio a partires das tres da tarde, non se enterou de nada de forma oficial ata o día 23 de xullo, data da nova Mesa Sectorial, pero eso sí faltoulles tempo para criticar o acordado e as forzas sindicais que o asinaron, acusándonos de connivencia co Goberno, buscando deste xeito un protagonismo que eles mesmos se negaron ó irse da negociación.

Ó sindicato CCOO, que sin falar nin acordar cos demáis Sindicatos, e buscando ese desexado protagonismo en solitario, xa había convocado folga para o día 8 de Outono contra a privatización do Rexistro Civil e a modificación da LOPX, a proposta de Preacordo do Ministerio colleunos descolocados, e como xa non podían dar marcha atrás na folga xa anunciada, primeiro dixeron que non firmarían nada sen trasladarllo antes os traballadores para consultalos, despois atacaron aos Sindicatos asinantes e o Preacordo  e agora que coñecen dende o día 23 o contido da modificación que lles pasou o Ministerio, din que necesitan uns días para estudialo a fondo.

Por último veñen os excindidos de CCOO a subirse o carro do máis puro oportunismo e do ansiado protagonismo, sin ter idea de nada, máis que por oídas, nin da Mesa Sectorial, nin do que ali se negociou, nin do que se propuxo, nin do Preacordo,  nin da modificacións feitas no Anteproyecto de Ley, e permítense a licenza de  facer críticas ó Preacordo, eso sí copiando as feitas polo Sindicato de orixe, e acúsannos de asinar a paz social con Gallardón a conta do Preacordo. O que importa e facer ruido sexa como sexa.

Ese Preacordo limitase a revertir o disposto no Anteproxecto de Lei que modifica a LOPX e que tanto dano nos ía a facer, polo tanto con este preacordo  :
- Garantizase que os centros de destino son municipales, non provinciais.
- Manteñense os partidos xudiciais.
- Manteñense os Xuzgados de paz cos seus funcionarios actuales, si ben xa non serán xuzgados (no habrá xuíz de paz) senon oficinas xudiciais.
 - Facilítase a promoción interna de todos.
- Suavizase o rexime disciplinario.

Claro que hai aínda un montón de frentes abertos co Ministerio, nova oficina Xudicial e Fiscal, recuperación de dereitos e retribucións que nos roubaron, oposicións, Rexistro Civil, Rpts, descontos por baixas etc, etc, etc, e neses frentes veredes a este Sindicato pelexar por este colectivo como ata o de agora, pero si este Preacordo se cumple, estaremos vixiantes para sexa así, teremos un frente menos aberto, que nos  tempos  que corren non é doado conseguir.