Rexistro Civil, manifestación en A Estrada.
Máis dun centenar de persoas percorreron na mañá do venres as rúas da zona urbana da Estrada para participar nunha nova manifestación en contra do peche do Rexistro Civil na vila. Este acto contou coa participación do delegado sindical en Pontevedra do Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza (STAJ), Enrique Araújo Martínez, quen dirixiu a protesta altovoz en man para corear as consignas contra o Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, e o goberno que preside Mariano Rajoy. Esta manifestación rematou na praza do Concello, onde reclamaron a presenza do alcalde, José López Campos.
Ver noticia completa en El Faro de Vigo