O STAJ solicitou este venres pasado nun escrito dirixido á DXX para que ésta realice os trámites
oportunos co fin de que as notificacións vía LEXNET, sean totalmente operativas
en tódolos xulgados galegos coa TGSS.
As notificacións a través de LEXNET aínda non son operativas coa TESORERÍA
GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL, o que afecta dunha forma moi negativa ó
traballo diario nos xulgados galegos, especialmente ós xulgados MERCANTILES,
debendo en moitos casos practicar as notificacións a través do correo
electrónico ou a través do fax, coas complicacións que conleva, pois a maior
parte das notificacións a través do fax son negativas, dado o volumen de
notificacions que se teñen que enviar o que supón, finalmente, repetir o
traballo ó día seguinte ata conseguir o “OK”, coa pérdida de tempo que supón
para o funcionario e a Administración de Xustiza.
Ver escrito