jueves, 21 de noviembre de 2013

Pedimoslle a DXX que aclare os cesamentos e o prazo posesorio.

Ante as dúbidas que nos trasladan moitos dos/as participantes no Concurso de Traslado que conseguiron praza no mesmo, pedímoslle, mediante un escrito remitido a DXX por FAX, que publicase unha Resolución ou Instrucción que clarifique determinadas cuestións, que provocan confusión no persoal afectado, e sobre as que non existe regulación precisa, dictando cada Administración competente instruccións distintas e incluso contradictorias entre sí:
Primeiro.- Si o día en que se produza o cesamento se debe traballar ata o momento de ir a cesar, ou se dispón da xornada completa para o cesamento?. 
Segundo.- Si no caso dos Xestores e Auxilios, que obtiveran praza na mesma localidade ou na mesma provincia, poden diferir o cesamento e a toma de posesión ata o luns 9 de Decembro?. 
Pois aínda que o prazo legal remataría o día 7, as Delegacións están pechadas por ser sábado. Neste caso Cantabría e o Ministerio difieren a toma de posesión ata o día 9, e Madrid obriga a facelo o xoves día 5.