viernes, 24 de julio de 2020

MUGEJU: Presentación solicitudes en formato papel.



Lembramos que, a presentación de solicitudes de prestacións complementarias de  MUGEJU (axuda económica por tratamentos dentais, oftalmolóxicos e outras axudas económicas) realízase como norma xeral por vía telemática, e tamén se pode solicitar mediante presentación en formato papel (presentando a solicitude na delegación de  MUGEJU) os meses de xaneiro, abril, xullo e outubro de cada ano natural.

 Non se admitirán solicitudes en formato papel presentadas fóra destes períodos.

Por tanto, aqueles  mutualistas que deban presentar a solicitude de axuda económica a  MUGEJU e que non queiran, ou poidan, facelo de forma telemática, aínda están en prazo para facelo en formato papel, presentando a solicitude na delegación de  MUGEJU.

O prazo remata o día 31 de xullo, o seguinte mes para presentar a solicitude en formato papel será en outubro, todo iso sen prexuízo de que  telemáticamente póidase facer en calquera momento.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras