miércoles, 20 de noviembre de 2019

Chamamentos de persoal interino da Oficina de Emprego

Prazas ofertadas –Petición servizo público de emprego

Este mércores  20 de novembro de 2019 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas  ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir ningunha persoa na bolsa de traballo nin na bolsa de reserva dese corpo.
As  prazas ofertadas son:
  • XULGADO DO PENAL N. 1 VIGO (CTPA) –Substitución
  • XULGADO PRIM.INSTANCIA N.4 PONTEVEDRA (CTPA)Substitución
  • XULGADO DO PENAL 3 PONTEVEDRA (CTPA) –Substitución
  • XULGADO PRIM.INST.E INTRUC. Nº 1 REDONDELA (CTPA)- Substitución
  • XULGADO PRIM. INST. E INSTRUC. Nº 2 CAMBADOS (CTPA)-IT
Ao non existir tampouco ningunha persoa dispoñible nas bolsas do corpo inmediatamente superior ou inferior , nin ningunha persoa baremada fora da bolsa, acudirase para cubrir o posto ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma.
Un saúdo

Servizo de Xustiza de Vigo

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.