viernes, 11 de enero de 2019

STAJ solicita que se aplique o incremento retributivo ao persoal en situación de IT

DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA.
Rúa de Madrid nº 2-4, 2º andar.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Asunto: Aplicación incrementos retributivos ao persoal en situación de IT.

ENRIQUE ARAUJO MARTINEZ, como representante do Sindicato de Traballadoras/es da Administración de Xustiza (STAJ).

O parágrafo noveno do apartado 5 do artigo 504 Da Lei Orgánica 6/1985, do Poder Xudicial, na súa redacción dada pola Lei Orgánica 4/2018, do 28 de decembro, establece o seguinte:

Durante o tempo de duración da licenza por enfermidade aplicarase ao persoal funcionario calquera incremento retributivo, incluído o abono do perfeccionamento dos trienios, que lle puidese corresponder se non se atopase nesa situación de incapacidade temporal.

O Real Decreto-lei 24/2018, do 21 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público establece no seu artigo 11, apartado 3, o incremento que experimentarán as retribucións do persoal ao servizo da Administración de Xustiza (Letrados da Administración de Xustiza e Corpos ao servizo da Administración de Xustiza), que reflicte o incremento xeral establecido para o sector público no artigo 3 do mesmo Real Decreto-lei. En consecuencia, de conformidade co referido artigo 504.5 LOPJ, procede a aplicación ao persoal funcionario que estea a gozar de licenza por enfermidade, do incremento retributivo previsto no Real Decreto-lei 24/2018, do 21 de decembro.

Por todo iso, interesamos desa  Dirección Xeral  que se tomen as medidas que sexan pertinentes para a aplicación dos incrementos retributivos a que se fixo referencia neste escrito, a todo o persoal ao servizo da Administración de Xustiza, efectuando na nómina as adecuacións ou actualizacións que sexan necesarias.


Pontevedra a 10 de xaneiro de 2019.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario