martes, 4 de diciembre de 2018

Sentenza absolutoria

Como non podía ser doutro xeito, a Xuíza do xulgado de instrucción núm. 8 da Coruña ditou de forma oral a sentenza absolutoria do xuízo celebrado por delito leve contra os delegados de todas as OOSS da Xustiza Galega, por mor dos incidentes acaecidos diante do xulgado de instrucción 4 da mesma localidade durante a folga; se ben é certo que a actitude da Fiscalía foi en todo momento inquisitiva, intentando encontrar un culpable dunhos feitos calificados como coaccións e desórdenes, finalmente tivo que aceptar a realidade do acontecido ese día, e solicitar a libre absolución de tódolos sindicalistas investigados. 

Con esta sentenza gaña o sindicalismo en xeral e todos os traballadores

Grazas a todos os compañeiros/as polo apoio e a solidariedade que mostraron a PACO delegado encausado de STAJ na cidade de A Coruña.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.