miércoles, 7 de noviembre de 2018

STAJ reúnese con representantes da comisión de Xustiza do Senado.

STAJ mantivo na tarde de onte 6 de novembro reunión con varios representantes da Comisión de Xustiza do Senado, á que asistiron senadores representantes de diversas formacións políticas, incluídas as que aprobaron no Congreso a reforma da  LOPJ.

STAJ expuxo con meridiana claridade os efectos perniciosos das modificacións da  LOPJ aprobadas polo Congreso, que afectan as nosas condicións de traballo, especialmente –aínda que non só-, a modificación do artigo 521 da  LOPJ, que proclama a unificación nun só dos centros de destino de cada municipio, establece a asignación forzosa dos funcionarios aos postos de traballo dentro do municipio, en función de criterios baseados nas necesidades do servizo e non de maneira voluntaria mediante concurso de traslado, ademais de abrir a porta á redución de emprego na Administración de Xustiza.

Do mesmo xeito,  STAJ trasladou aos Senadores o profundo malestar xerado entre os funcionarios así como a frontal oposición á reforma, que se levou a cabo, aínda por riba, obviando absolutamente a negociación cos representantes dos traballadores, e comunicámoslles que imos ir a por todas coas mobilizacións que convocamos.

Por parte dos senadores, trasladóusenos que aínda non se recibiu no Senado formalmente a proposición de lei aprobada no Congreso, pero que desde logo van estudar todo o que lles trasladamos nesta reunión e por escrito.

Desde  STAJ puidemos constatar a preocupación que xerou o conflito entre os grupos políticos, por canto á reunión asistiron varios representantes das diferentes formacións, que mostraran especial interese en asistir e escoitar a nosa posición sobre a reforma. Estamos convencidos de que a presión que estamos a exercer pode dar os seus froitos se incrementamos a mobilización de todos.
                                                                                           
AGORA MÁIS QUE NUNCA HAI QUE COMBATER CON FORZA ESTE ATROPELO ÁS NOSAS CONDICIÓNS DE TRABALLO

PARTICIPA NA FOLGA O 16 DE NOVEMBRO

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.