Durante este mes de novembro vaise tramitar a reforma no Senado da
proposición de lei de reforma da LOPX, que xa foi aprobada no Congreso dos
Deputados e que contén un dos ataques máis graves ao persoal da Administración
de Xustiza que se ten dado nos últimos tempos. Esta agresión, acordada por case
todo o arco parlamentar do Congreso dos Deputados, foi adoptada sen ter en
conta aos traballadores e aos seus representantes sindicais e, fundamentalmente, concrétase nos seguintes puntos:
A unificación en un só de tódolos centros de destino de cada municipio, que
conlevará a movilidade forzosa sen garantías e obxectividade, prohibíndose o
incremento de plantilla cando se designen xuízes/as de reforzo. Por outra banda, elimina a posibilidade
de que en aqueles órganos xudiciais con un exceso de carga de traballo o
persoal de reforzo poida superar os 6 meses.
Co obxectivo de parar esta reforma no trámite parlamentario que queda no
Senado, convocáronse por STAJ e os outros tres sindicatos con representación a nivel
estatal, varias mobilizacións que rematan o próximo venres día 16 de novembro cunha folga
xeral a nivel nacional con manifestación
de todo o persoal de xustiza en Madrid.
Dende STAJ GALICIA , coa autonomía
que temos dentro da organización do propio sindicato a nivel nacional, actuaremos
sen esquecernos do recente conflito vivido en Galicia e o importante desgaste tanto anímico como
económico que sufrimos nese conflito todo o persoal galego, e deste xeito
ACORDAMOS:
- Participar na convocatoria de folga xeral na xustiza e na manifestación en Madrid o día 16 de novembro. Aínda considerando suficiente o preaviso presentado en Madrid, dado que se trata dunha folga convocada a nivel nacional, para unha maior seguridade e garantía no exercicio do dereito de folga de todos os traballador@s de xustiza galegos, STAJ Galicia presentará preaviso ante a Dirección Xeral de Xustiza e á Subdirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Economía, Emprego, e Industria.
- En Galicia, as mobilizacións farémolas en función de dúas premisas: primeira, o esforzo realizado durante tres meses polo persoal de xustiza na recente folga autonómica e, a segunda, as relacións actuais de STAJ GALICIA cos outros tres sindicatos sen olvidarnos do seu proceder durante a folga da xustiza en Galicia.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.