lunes, 15 de octubre de 2018

Plan de recuperación/inversión

A Dirección Xeral de Xustiza ven de colgar na intranet -non foi sen tempo- o plan de recuperación do traballo por mor da folga, cólgano o xoves víspera de festivo para facelo efectivo a partir do luns, coma sempre ben pensado, e nós preguntamos... a quén beneficia este "plan"?; por qué hai xulgados que quedan fóra? O exemplo claro e urxente son os penais, pero qué decir das Fiscalías, que é por donde pasan a maior parte dos expedientes xudiciais?

O feito é que ninguén   pode dicir que este é un bo plan. 

Imos ver: dacordo con este Plan, -agás que non fixeras folga e polo tanto benvidos sexan os cartos-; poñamos un exemplo de funcionario/a da xustiza galega que sí fixo folga, concretamente fixo os 100 días de folga (68 días hábiles x 7 horas diarias), non traballaches polo tanto 476 horas; eso sí, podes recuperar un máximo de 20 horas. Sí,  repito 20 horas. 

Pero imos máis  alá, porque non todo o mundo fixo os 100 días de folga. Isto é o que temos enrriba da mesa: podes recuperar case 3 días de traballo. En concreto, vas recuperar 2,85 días (20 horas/7horas diarias= 2,85 días que vas recuperar da folga). 

En definitiva, con 20 horas case se recuperan (e  só nos órganos "afortunados") os días de folga previos á indefinida: o 1 e o 13 de decembro do 2017 e case o 25 de xaneiro do 2018. Nin un día só día da folga indefinida. 


Nos últimos días vimos como varios dos sindicatos asinantes do acordo, despois de que nós os empurráramos a iso coas nosas manifestacións sobre a súa actuación, renegan do que no seo da comisión de seguimento se acordou, chegando mesmo algún a ameazar con abandonala, ou a emprender accións legais. Agora?! Despois de asinar un mal acordo coa Xunta que non era máis que unha forma de botarlle unha man ao goberno galego para así quedar ben con él para o futuro?, deixando de lado os intereses dos funcionarios e velando só polos seus?, agora pretenden quedar ben cos funcionarios  manifestando as súas discrepancias cos seus socios de San  Caetano?, coma se isto fose unha sorpresa para eles, coma se estivesen a pelexar para conseguir un resultado positivo para os compañeiros. Sabían que isto era exactamente o que ía suceder, e aínda así asinaron... a quen pretenden enganar? tratan de quedar ben con todos e vese por onde van.

Na intranet está colgada unha nota dirixida ao persoal voluntario participante no plan de recuperación, é a seguinte:




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.