jueves, 19 de julio de 2018

STAJ pide persoal de vixilancia, control de accesos e seguridade para os Xulgados de Pontevedra

Dende fai meses existe nos Xulgados de Pontevedra, referímonos aos situados no edificio Xudicial da Parda, un déficit de persoal de seguridade e control de accesos, motivado pola desidia da Dirección Xeral de Xustiza a hora de cumprilo  Convenio asinado co Ministerio do Interior que garantiza a vixiancia, o control de accesos e a seguridade nos edificios xudiciais de Galicia mediante a prestación deste servizo por Policías en situación de segunda actividad ou Gardas Civís en situación de reserva, prefirese aforrar cartos que manter edificios e espazos seguros para os funcionarios, as/os cidadans e as vítimas.
No Edificio Xudicial da Parda existen solo tres axentes dispoñibles da Policía Nacional para vixiar e mantela seguridade en todo o edificio, pero é que ademáis os tres traballan a turnos, dous pola mañán e un pola tarde, hai que ter en conta que deben  vixiar os accesos na porta principal e no Xulgado de Garda que ten outra entrada independente, esta última función mantenos de xeito permanente nas portas de acceso, sen poder facer rondas polas distinta dependencias ao non contar con compañeiros/as que poidan substituilos no control de accesos nas portas de entrada.
Pero a cousa ten máis miga, pola tarde solo queda un axente que debe controlar a porta principal, pola que está entrando xente para o Rexistro Civil, e a porta do Xulgado de garda, e claro eso resulta imposible facelo, entón o que fan e vixiar ata as seis, hora en que está aberto o Rexistro Civil, a porta principal, deixando o xulgado de garda sen control de accesos nin vixiancia, o que ten levado máis dunha vez ao funcionario/a de garda a ter que  pechala porta con chave por dentro e dese xeito facer por si mesmos un control previo de accesos, usándose tamén este método como medida de seguridade cando se prevén problemas para o persoal de garda ou para calquera cidadán ou vítima que se atope nese intre no xulgado. Noutros casos son os axentes de Policía que van ao Xulgado con detidos os que fan esa labor, que non lles correponde,  de control e seguridade mentras se atopan nas dependencias xudiciais. Situación tercermundista a todas luces.
Pero como tódolos anos o  problema grande empeza  a semana que ven, cando comenzan as vacacións dos tres efectivos, e se menguan polo menos nunha persoa ese servizo. Xa ten pasado mais anos e segue a pasar como se nada. Se non hai máis que un efectivo que lle imos facer?. Parece decir a Xunta. Non se pode aforrar cartos na seguridade, lembro que das plantillas que figuran no convenio para Pontevedra correspondenlle 8 efectivos, están presupuestadas, por eso figuran no Convenio e se publicou no DOG e no BOE, supón unha irresponsabilidade enorme deixar aos edificios xudiciais coxos dende o punto de vista da seguridade, e se cadra algún día temos que botar as mans a cabeza, depois virán os lamentos. Para máis inri un dos tres efectivos xubilase en septembro.
Por certo eu vexo nos edificos da Xunta de Galicia arcos detectores de metais e escaners para controlar o que se porta en bolsas, mochilas, bolsos etc, no edificio da Parda solo existe un arco na entrada principal, na entrada do xulgado de garda no hai nada, nin un detector manual sequera.
Mención aparte merece o que está a pasar nos Xulgados do Contencioso- Administrativo de Pontevedra, sitos na Rúa Germán Adrio Sobrido, oficinas xudiciais que levan mais de dez anos alí ubicadas, e que contan con 24 empregados/a públicos desempeñando as súas funcións  nese edificio; e nese edificio nin hai nin houbo nunca unha sola persoa, nin policía nin seguridade privada, que se adicase a facer as funcions de vixiancia, de control de accesos e de seguridade. Os compañeiros/as que alí traballan síntense desamparados pola Xunta de Galicia e abandonados por unha Administración a que lle importa pouco ou nada a súa seguridade persoal e a súa integridade física, que solo funciona con criterios de aforro. Cónstannos escritos neste senso deste e outros  sindicatos, dos funcionarios/as, do Decano, dos Xuices e Xuizas do Contenciosos, da propia Xunta de Xuices de Pontevedra e todo segue igual, como si nada lles fixera cambiar o criterio de primeiro o aforro e despois a seguridade. Esto non é tercermundista, esto é de xulgado de garda.
Pedimoslle á Xunta:
PRIMEIRO.-  Que se destinen máis efectivos de Policia á seguridade e vixiancia do edificio xudicial da A Parda, debéndose garantir sempre un número de efectivos que non  baixe de 4 diarios, incluido o periodo de  vacacións. Se non fose posible cubrir o sevizo por policías en situación  de segunda actividade, se contrate seguridade pivada como se fai noutros sitios.
SEGUNDO: Se dispoña dun escáner para a porta principal do edificio de A Parda e outro para a entrada so Xulgado de Garda.

TERCEIRO: Se dispoña de persoal suficiente de Policía ou seguridade privada para prestar servizo de vixiancia e seguridade nas oficinas dos Xulgados do Contencioso- Administrativo de Pontevedra.
Ver escrito presentado

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario