domingo, 10 de junio de 2018

STAJ presenta á nova ministra de xustiza as reivindicacións do persoal de xustiza

STAJ presentou por escrito unha serie de cuestións e reivindicacións de melloras das condicións laborais e retributivas do persoal de xustiza que aínda non se solucionaron. Esperamos que o novo equipo ministerial sexa dialogante e teña vontade real de chegar a acordos, que cumpra os compromisos incumpridos polo anterior equipo e que sexa capaz de chegar a consensos en materia de condicións de traballo e retribucións  dos funcionarios e funcionarias da Administración de  Xustiza.

Entre outras cuestións, reclamamos á nova ministra: 

Oposicións, promoción interna e carreira profesional.  STAJ reivindica solucións aos desaxustes e disfuncións dos últimos procesos selectivos; a convocatoria de procesos de promoción independientes; a recuperación da reserva do cincuenta por cento e o establecemento de mecanismos de carreira profesional.

Solucións a o alto índice de interinidade.

Recuperación de permisos e eliminación dos descontos por  IT.

Oposición á reforma da  LOPX impulsada polo grupo popular, que pretende un maior control político da Administración de Xustiza e unha nova volta de tuerca aos dereitos dos funcionarios e funcionarias de Xustiza.

Negociación da reforma da Lei do Rexistro Civil que permita mantela dentro da Administración de Xustiza, coa mesma demarcación actual e servido  exclusivamente por persoal de xustiza.

Reforma do Regulamento de Ingreso e  Provisión de Postos que permita o cobro de todas as retribucións do Corpo superior no caso de substitucións verticais a nivel estatal.

Actualización das cantidades percibidas nas gardas semanales de permanencia e dispoñibilidade en todos os xulgados.


Solución política definitiva aos problemas de falta ou erros de cotización á Seguridade Social do persoal interino.

Extensión do complemento de produtividade a todo o persoal e non só para os corpos de  xuíces e letrados.

Revisión das retribucións básicas para a recuperación dos niveis de soldo base, trienios e complemento xeral de posto existentes antes da rebaixa xeneralizada imposta en 2010.

Solución aos problemas que está a xerar a "Xustiza Dixital."

Estas e outras cuestións serán trasladadas persoalmente á Ministra na reunión que pedimos no seo da mesa sectorial de xustiza. Enfatizamos que esta mesa  é o único foro de negociación das condicións de traballo do persoal de todos os corpos –superiores, xerais e especiais-, ao servizo da Administración de Xustiza.

Dende  STAJ esperamos e estamos seguros de que nesta nova etapa se abrirá o camiño para solucionar moitos dos problemas que aínda hoxe seguimos padecendo os funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario