jueves, 22 de marzo de 2018

CONTINUAMOS NA LOITA



Tras a votación feita onte entre os funcionarios da xustiza en Galicia, a Xunta na sua liña propagandística comezou a enviar mensaxes a través dos seus medios de comunicación como se para eles o resultados fosen unha vitoria, con unha clara intención de seguir minando os ánimos dos compañeiros en folga.
A Xunta como sempre non se entera, os participantes na votación de onte nin moito menos dixerón que non se seguirá na loita. Que non se pense a Xunta que isto supón un paso atrás, que non se pensé a Xunta que os funcionarios imos aceptar as miserias que están a ofrecer, que non se pense a Xunta que imos ceder ao seu chantaxe e prepotencia,  que sepa que o único que onte quedou claro é que as porcentaxes de participación nas movilización siguen estando en niveis altísimos e que o que se acordou foi un cambio de rumbo nas estratexias sempre que o ritmo das negociacións o esixa. Síguese cas movilización para acadar o mellor dos acordos, e a oferta actual inda estando moi loxe do que buscamos.
Señor Rueda, non levante a mao en sinal de vitoria, non se equivoque, os funcionarios seguimos na loita, cos criterios moi clariños e os obxetivos fixados dende un inicio, hoxe se é posible con máis animos e forza.