viernes, 2 de febrero de 2018

Staj solicita máis edicións dos cursos de linguaxe xurídica galega

Desde hai varios anos o sindicato STAJ solicita cada vez que se convocan por parte da EGAP os cursos de linguaxe xurídica galega, que se amplíen o número de prazas ofertadas en cada edición pensando no gran colectivo de compañeiros que aínda seguen destinados fóra de Galicia e poñendo de manifesto outra vez máis, que é un mérito tIdo en conta nos concursos de traslados.

A convocatoria destes cursos limítase soamente a 25 prazas por edición e neste ano só se prevee a realización dunha. Temos moi claro que o número de prazas ofertadas é insuficiente e supón un grave prexuízo para os compañeiros destinados fora de Galicia, dado que ven reducida a súa puntuación á hora de poder concursar por esta Comunidade Autónoma ao limitárselles o dereito para poder realizalos.

STAJ solicita que de maneira urxente convóquense pola EGAP novas edicións ampliándose o número de prazas na modalidade de teleformación dos cursos de linguaxe xurídica galega media e superior tanto para a xente destinada dentro da CC. AA. de Galicia como para vos compañeiros que están fora dela.

Ver escrito STAJ