martes, 2 de enero de 2018

Cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de oito días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.