lunes, 25 de septiembre de 2017

Reducción de pasos no OPAX para solicitar licencias, permisos, vacacións e partes de control horario

Co obxectivo de facilitar e axilizar a presentación de solicitudes de licenzas, permisos, vacacións e partes de control horario, esta semana entrará en funcionamento unha nova funcionalidade na OPAX. Esta funcionalidade posibilita a presentación electrónica empregando un certificado dixital válido, pero que non require de sinatura, o que permite reducir a súa complexidade e o número de pasos que ata agora se requirían para esta operación. 



Procedemento para presentar solicitudes de licenzas, permisos, vacacións e partes de control horario:

1. O rexistro da solicitude mantense tal e como se viña facendo ata o de agora.
2. Prémese o botón “validar e presentar”. 

E aquí rematan os pasos que debemos realizar.

3. A OPAX comproba que o usuario está accedendo co seu certificado dixital e valida que o NIF do certificado corresponde co NIF da solicitude.
4. O sistema informa de que se vai validar e presentar electrónicamente a solicitude, ofrecendo a posibilidade de cancelala.
5. O sistema realiza o selado do tempo da solicitude.
6. O sistema informa dos datos da presentación electrónica realizada.

Podedes consultar as modificacións no apartado de "Actualidade" da intranet.