lunes, 22 de mayo de 2017

Tal como pediu STAJ aparece o escalafón no expediente electrónico actualizado a 31/12/2016

O pasado día 13 de marzo pedimos por escrito dirixido a dirección Xeral de Xustiza a actualización e a inclusión de novos  datos no expediente electronico, unha das opcións do OPAX, e entre eses datos pedimos que figurase o escalafón de cada un de nós actualizado.
Pois ben agora xa podemos  consultar o escalafón actualizado a 31/12/2106, ainda que faltan unha serie de datos que se deben actualizar ou que ainda non figuran no expediente electrónico.

Este é o escrito que presentamos:
Desde este sindicato e dadas as queixas dos funcionarios, vistos varios expedientes electrónicos pudemos detectar que existen innumerables erros, entre os máis comúns podemos enumerar os seguintes:
DATOS DA ADMINISTRACIÓN.- Non están actualizados.
TITULACIÓN.- A titulación do funcionario non se corresponde coa actual.
CURSOS.- No apartado de cursos, ou non constan, ou só constan algúns dos realizados, incluídos os de galego.
DESTINOS.- En case todos os expedientes visualizados só consta o destino actual, faltando os destinos anteriores, polo que de nada serve ao funcionario este dato.
ESCALAFÓN.- Cremos que é o sitio adecuado donde debe figurar o escalafón de cada un, eso sí actualizado cada ano.
Por este motivo desde STAJ, solicitamos a Direccion Xeral de Xustiza:
Que o máis axiña posible se proceda á corrección e actualización de oficio e publicación correcta de todos os datos que a Administración á que me dirixo debe posuír e que deben figurar no noso expediente persoal. Así mesmo, pedimos que tamén figuren os datos relativos ao escalafón.