Recibimos un correo da DXX co
fin de que realicemos propostas sobre
actividades formativas a impartir pola EGAP, para o ano 2017. Temos
que pensar que a formación dos traballadores da Xustiza beneficia sobre toda propia
Administración e o servizo que prestamos, polo que se debe facilitar o acceso
os cursos en horario laboral e pagar os desprazamentos.
As nosas propostas van
na línea que se seguido expoñemos:
- Toda formación
deberían de realizarse de forma que o funcionari@ non vexa como estas actividades
afectan á conciliación da vida familiar, debendo realizarse en todo o seu contido en horario laboral.
- Hai que terminar cos desprazamentos dos funcionari@s a
Santiago, celebrándo as probas en todolas ciudades que conten
con tres o mais xulgados. Debense aboar os desprazamentos naqueles casos en que
as devanditas probas non poidan celebrarse na localidade de destino do
traballador/a.
- A Dirección Xeral de
Xustiza ten que ofertar, ben a través da EGAP, ben por medio doutros operadores cursos
ON-LINE de preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as
probas da oposición para a promoción interna de forma totalmente
gratuíta.
- Os cursos de linguaxe xurídico e linguaxe administrativo galego deberán de ofertarse tanto a funcionarios destinados na comunidade autónoma
como aos funcionarios destinados fóra dela.
- Debense ofertar cursos de idiomas como se ofertan para a Administración
da Xunta de Galicia (inglés, francés, portugués e alemán).
- De forma inminente hai que restituir o permiso dun día
para acudir as probas presenciais de aproveitamento.
- Son necesarios cursos e actividades
formativas en canto a bases de datos e sistemas operativos cos que
traballamos os funcionarios de xustiza.
- Cursos sobre as reformas procesuais que se vaian
producindo en tódolos órdenes xurisdicionais, sempre con carácter
previo a súa entrada en vigor.
- Formación presencial do
persoal interino e do persoal titular que veñen nos concursos de traslado doutros
territorios que no utilizan Minerva, tamén no caso de cambio de cambio de xurisdicción.