Publicáronse novos avisos de desocupación de postos
que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con
data do 10 de outubro de 2016.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura
en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa
reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira
dos corpos xerais que estea en situación de servizo activo e prestando
efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións
verticais, e dentro de cada un dos apartados, operan os criterios de
preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos
de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por
ausencia do titular por períodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as
súas solicitudes conforme o anexo II bis
dispoñible nos modelos do correspondente apartado dedicado ás substitucións
entre titulares. No caso de que se soliciten varias das prazas ofertadas, a
orde de preferencia a ter en conta, de corresponderlle máis dunha das prazas,
será a recollida na solicitude.
A
información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación