martes, 11 de octubre de 2016

Actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán para xestores, tramitadores e auxilios

No DOG número 193, do 10 de outubro de 2016, publicouse a Resolución do 28 de setembro de 2016 pola que se convoca unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán para xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria e para cada un dos casos no anexo II poden acceder aos contidos da actividade indicada, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo: http://egap.xunta.gal/matricula.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2016.

Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo: http://egap.xunta.gal/aulavirtual.

O acceso aos contidos da actividade do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse á proba de avaliación regulada no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nela.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


As solicitudes de participación na actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Para acceder a toda información da actividade prema na seguinte ligazón