jueves, 9 de junio de 2016

A Xunta aínda non sabe que cantidades exactas nos vai devolver polo CAT de xaneiro e febreiro de 2013.

Publicouse no DOG do mercores día 8 de junio o Acordo que vai posibilitar a recuperación do CAT que nos quitaron en 2013, en concreto nos meses de xaneiro e febreiro. O motivo desta devolución está en que a norma que aprobou este recorte no CAT, Lei de Orzamentos de Galicia para 2013, aprobouse o 1 de marzo de ese ano,  e no pode ter efectos retroactivos.

En canto a cantidade que nos van a devolver, debemos esperar a que se aprobé polo Parlamento de Galicia a  Lei que ten que recoller o texto deste Acordo de devolución, para saber os termos do mesmo con respeto ao persoal de Xustiza.

Postos en contacto coa Conselleria de Facenda non saben que cantidade exacta se vai a devolver, comentannos que podería ser unha sexta parte do total retido a cada Corpo en computo anual, ou un tercio do CAT retido na nomina de xuño de 2013, pois precisamente nas nominas ordinarias dos meses de xaneiro e febrero de 2013 aos Tramitadores e Xestores non lles quitaron nengunha cantidade do CAT, cousa que sí pasou a partires de marzo. 

Lembrade que a aparte do CAT do mes de xuño e decembro, os Tramitadores quítaselle 9 euros no CAT da cada mes e os Xestores 25 euros.