jueves, 19 de mayo de 2016

Axudas para libros de texto e material escolar.

Se tes nenos en idade escolar, xa podes solicitar as axudas da Xunta para comprar libros de texto ou material escolar ou acceder ao fondo solidario de libros, a Orde publicouse no DOG o pasado luns día 16.
Por primeira vez, as tres modalidades intégranse nunha mesma convocatoria, polo que as familias só terán que presentar unha solicitude na que se inclúan todos os fillos escolarizados, o que simplifica os trámites.
As axudas para a compra de libros outorgaranse a nenos e nenas que estuden 1º e 2º de Primaria, 2º e 4º de ESO e educación especial, mentres que para o resto de cursos ponse en marcha o fondo solidario de libros. No caso do material escolar, as axudas serán tanto para Primaria, como para ESO e educación especial. Os datos económicos a ter en conta serán os de 2014.
Cantidades
A Xunta concederá as axudas dependendo da renda per cápita familiar. Así, naquelas que non supera os 5.400 euros anuais por membro da unidade familiar, recibirán 170 euros para libros de Educación Primaria e 180 para Secundaria; se non supera os 9.000 euros anuais a axuda será de 90 euros para Primaria e 104 para Secundaria. En educación especial, se se cumpren os requisitos as subvencións serán de 250 euros independentemente dos ingresos familiares.
As axudas para material escolar será de 50 euros por alumnos sempre que a renda per cápita non supere os 5.400 euros anuais por membro da unidade familiar. En canto ao préstamo de libros, garantiranse un mínimo de 6 libros de texto ao alumnado cunha renda inferior ou igual a 5.400 euros anuais e un mínimo de 4 aos que cheguen aos 9.000 euros.
Fonte: vigoalminuto.com