martes, 26 de abril de 2016

A Xunta dá luz verde ao novo Plan de eficiencia enerxética e obras menores dos edificios xudiciais de Galicia.

No tocante á eficiencia enerxética, sinala Rueda que o investimento achegarase aos 2,5 millóns de euros para levar a cabo actuacións de mellora da envolvente dos edificios, na instalación de sistemas de climatización eficientes e de mellora da iluminación das oficinas
Asegura que esta medida vai permitir reducir o consumo enerxético, e mellorar as condicións laborais dos traballadores e o medio ambiente, ao substituír combustibles convencionais pola biomasa
Canto ás obras menores, o vicepresidente da Xunta indica que contarán con máis dun millón de euros de investimento e está previsto levar a cabo 185 actuacións, das cales 57 terán lugar de xeito inmediato, neste mesmo ano 2016
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou  hoxe de que o Consello deu luz verde ao novo Plan de Eficiencia Enerxética e Obras menores dos edificios xudiciais de Galicia, que durará tres anos e contará cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros co fin de completar a mellora das condicións dos xulgados galegos.
Segundo engadiu Rueda, concretamente en eficiencia enerxética, o investimento achegarase aos 2,5 millóns de euros para levar a cabo actuacións de mellora da envolvente dos edificios xudiciais, na instalación de sistemas de climatización eficientes e de mellora da iluminación das oficinas. Isto vai permitir reducir o consumo enerxético, e mellorar as condicións laborais dos traballadores e o medio ambiente ao substituír combustibles convencionais pola biomasa.

En canto ás obras menores, o vicepresidente da Xunta indicou que contarán con máis dun millón de euros de investimento e está previsto levar a cabo 185 actuacións, das cales 57 terán lugar de xeito inmediato, neste mesmo ano 2016.

Fonte: eXustiza