jueves, 2 de abril de 2015

Funcionarios do Rexistro Civil e representantes sindicais foron expulsados do Pleno de A Coruña.

O goberno municipal vén de aprobar unha moción presentada polo grupo popular sobre o Rexistro Civil que non recolle as demandas de todos os sindicatos (CC.OO, USO, UXT, CSIF, CIG e STAJ) expostas na reunión que éstes mantiveron o pasado martes co alcalde e o concelleiro Miguel Lorenzo, e que si foron apoiadas no Pleno polo resto dos grupos municipais.A devandita moción secunda a posición mantida polo goberno central e non garante que non se mercantilice o Rexistro, a súa gratuidade e a xestión por persoal da Administración de Xustiza. Traballadores e representantes sindicais, que asistiron ao pleno tras serenlle incautadas as camisetas amarelas reivindicativas que portaban, foron expulsados e identificados ao protestar por non ter sido aprobada a moción que recollía as súas pretensións e que garantía a permanencia na Administración de Xustiza do Rexistro Civil e a súa gratuidade.