viernes, 27 de febrero de 2015

O TSX reduce a sentenza da paga extra de Ourense, en concreto a Paga Adicional.

A Xunta de Galicia interpuxo no mes de setembro do ano pasado, Recurso en Interese de Lei contra a sentenza de A Coruña e contra a sentenza de Ourense. O recurso contra a sentenza de Ourense ía dirixido fronte ó recoñecemento total por parte de ese Xulgado da Paga Adicional, paga que está regulada nunha Lei aprobada polo Parlamento Galego, e polo tanto ese Recurso en Interese de Lei e competencia do TSX de Galicia.

O Recurso contra a sentenza de A Coruña está fundamentado na infracción de normas emanadas do Estado que regulan a nosa paga extraordinaria, por eso o resolve o Tribunal Supremo, cousa que aínda vai tardar en suceder.

A sentenza de Ourense era a única en Galicia que concedía todos los conceptos da paga extra (paga extraordinaria e paga adicional) nas suas contías totais.

Pois ben o TSX dictou sentenza reducindo a Paga Adicional, e en vez de conceder toda a súa contía ( 6 meses ) solo otorga 1 mes e 9 días ( do 1 de xullo o 9 de agosto), deixando a sentenza de Ourense igual que as de Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo, etc. Esto sucede porque o Parlamento Galego foi reunido de urxencia en Agosto de 2012, estando de vacacións, para modificar a Lei na que se recollía a Paga Adicional, deixándomos sen esa cantidade para o resto de ese ano.
Deixámosvos a sentenza íntegra:
Ver sentenza TSX