TRAXECTORIA PROFESIONAL
A convocatoria da traxectoria abrirase o 2 de marzo de 2026 e pagarase con efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2025 para os Graos I e II e para o Grao III de auxilio e tramitación e con efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2026 para o Grao III de Xestión e Medicina Forense.
O a aceptación do documento
definitivo da traxectoria queda aprazado ata a firma da traxectoria profesional
que está negociando función pública para os traballadores da Xunta. O obxectivo
é poder incorporar as melloras a nosa regulación. Independentemente do que se
poida mellor ou non, STAJ reiterou no día de hoxe o dito desde o inicio, que os
requisitos para o acceso se retrasen e que non deixen sen poder solicitala a
quen vaia cumprindo os requisitos con posterioridade a decembro de 2024, que se
amplíen as porcentaxes de pago a 60%, 80% e 100%.
VACACIÓNS E ASUNTOS PROPIOS DE 2025
Poderanse disfrutar
ata o día 31 de marzo do ano 2026, sen excepción. A petición sindical, inclúese
a todo o persoal, tamén ao persoal destinado nas Vilas, en Imelga e Fiscalía.
Nun inicio a DXX pretendía deixalo fóra por non estar afectado pola Fase III da
implantación.
COMISIÓNS DE SERVIZO-SUBSTITUCIÓNS, COMPLEMENTO DE VSM E MODIFICACIÓN DAS QUENDAS DE REXISTRO CIVIL
Non se tratou na mesa, se non que a DXX pídenos que fagamos alegacións por escrito á normativa con data de remate o 25 de novembro, posteriormente convocarase unha mesa de traballo o día 28 para tratar o articulado e a continuación, convocarase Mesa Sectorial para a súa aprobación na primeira semana de decembro (previsiblemente o 5).
No referente o
complemento de VSM, a DXX xa nos adianta que non se poderán aumentar as
cantidades remitidas, o problema estará principalmente en como regulalo nos
tribunais de instancia das vilas (fase I), xa que a normativa remitida
establece que só os compoñentes dos equipos funcionais de penal terán dereito a
cobrala, o que entre outras cousas, de facto deixa fora os auxilios xudiciais
ao non poder pertencer a ese grupo en virtude dos protocolos de actuacións. Por
iso, a importancia da mesa de traballo co fin de clarificar en que condicións
exactas pagarase este complemento.
ROGOS
E PREGUNTAS:
IMPLANTACIÓN DO PROGRAMA ATENEA: o 24 de novembro, firmarase o Acordo Marco para a implantación de ATENEA polas Comunidades Autónomas e o Ministerio.
REORDENACIÓN: teñen intención de convocar as prazas para solicitar a reordenación a vindeira semana. A DXX notificará aos funcionarios que están afectados pola reordenación.
REASIGNACIÓN FORZOSA: ante a pregunta de STAJ sobre a preferencia para elexir no vindeiro concurso unha praza do órgano de orixe ao que pertencía a persoa reasignada, responde a DXX que o Ministerio lles contestou por escrito que non teñen preferencia dado que xa non existe ningún centro de traballo igual ao que proceden. Dende STAJ opoñémonos a esta decisión, e vulnera o establecido no artigo 67.5 do noso Reglamento, dado que sí consideramos que existe ese centro de traballo, máximo cando a Audiencia Provincial segue existindo e o Servizo Común de Notificacións e Embargos tamén, entre outros. Instaremos á DXX a que reflexione sobre este punto e non convoque os procesos de reordenación ata que a DXX constrúa o seu propio criterio e o comunique ao persoal que vai participar na Reordenación ou na Reasignación forzosa, no seu caso.
REFORZOS: remitirán acordo de ceses ao reforzos con destino nos partidos de Fase III con efectos de 30 de novembro; excepcionalmente algún reforzo será cesado o 15 de decembro.
PROLONGACIÓNS DE XORNADA: cesarán todas as prolongacións de xornada o día 30 de decembro.
SUBIDA SALARIAL CAT (PRÓXIMAMENTE COMPLEMENTO ESPECÍFICO – CE): o Acordo asinado elevarase ao Consello da Xunta e teñen previsto o abono de 90 euros na nómina do mes de xaneiro de 2026. De non ser posible nesta nómina, en todo, de pagarse nunha nómina posterior, os efectos retroactivos son a 1 de xaneiro de 2026. No ano 2027 o abono será de 67,5 euros máis ata chegar a 225 euros en CE en xaneiro do 2028.
OEP 2025: preguntouse por STAJ se teñen información de prazas que poida ofertar Galicia, pero de momento a DXX dixo que non tiñan información ao respecto.
TELETRABALLO: remitirán o borrador do teletraballo, pero seguen dando largas para a súa negociación.
COMARCALIZACIÓN DE VSM DE SANTIAGO E OURENSE: hai dúas prazas de tramitación de nova creación en Santiago e Ourense que se ofertarán despois do proceso de acomplamento o 2 de xaneiro de 2026. Elaborarán e remitirán unha guía de evaluación para a entrada en vigor en xaneiro de 2026.
OURENSE: a DXX informa que non vai poñer ningún obstáculo á habilitación de espacios físicos que se soliciten polos LAJ Directores. Solicitouse traslado de calquera tipo de plano relacionado con habilitacións de espacios en Ourense. Mañá, día 19 de novembro, a Xunta de persoal de Ourense reúnese co Coordinador e cos LAJ Directores. Esperamos traslado do protocolo e do plan de organización de traballo do persoal destinado en Ourense.
VISITA DO DIRECTOR XERAL Á AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O 25.11.2026 para explicar a Lei de Eficiencia.
GAS RADÓN: trasladarán un cronograma para a súa análise en todos os edificios xudiciais
CANGAS: instalouse unha estrutura por foras das fiestras do edificio xudicial. STAJ trasladou as queixas dos funcionarios ao DXX e este comprometeuse en informarse do que se puxo e valorar a súa modificación por outro máis funcional.