jueves, 21 de junio de 2018

A vendetta de SPJ-USO.

Unha vez máis,  como cando estiveron meses negociando por detrás con Rueda, os delegados de SPJ-USO intentan xogar ao despiste con todos/as nós. Nun comportamento digno de covardes, utilizan a un delegado seu de Ourense para poñer unha denuncia en Fiscalía, a título persoal e duns feitos que non presenciou, pensando que deste xeito os compañeiros e compañeiras non vos iades dar conta da extratexia ruín que intentaban levar a cabo para que non se  relacionase a denuncia co seu sindicato. Sí,  o denunciante foi nas listas de SPJ-USO por Ourense nas últimas eleccións, e saliu elexido delegado, denunciou de oídas como se fose un cidadán exemplar, responsable e comprometido co sufrimento do próximo, eso sí non dixo nada da súa condición de sindicalista.

Nesta estratexia marcada polo Conselleiro de Xustiza en moitas das súas declaración aos medios, e dirixida polo seu amiguísimo Fiscal Xefe de Pontevedra, a SPJ-USO tocoulle facer o papel do chamado “tonto útil”, e como non podía ser menos, as ansias de protagonismo  pódenlle. Aceptan interpretar  unha das  persoaxes principais desta vendetta escrita por Rueda para intentar que do conflito vivido na Xustiza só quede unha escena de dor, sufrimento  e sinsabores, e se esqueza a traizón, a deslealdade e a manipulación, e de paso mandar un aviso a navegantes doutros colectivos.

Despois da denuncia deste modélico cidadán ourensán, veñen as declaracións infames, eso sí como testemuñas, non como denunciantes que eles non querían denunciar a ninguén, de delegados e afiliados de SPJ-USO, testemuñas que eles mesmos lle puxeron en bandexa á fiscalía,  implicando a diestro e siniestro nun complot que só está no seu maxin, dando nomes de sindicalistas como instigadores e de funcionarios/as, que agora o Fiscal podería acusar como presuntos autores de coaccións  (forza o violencia física ou psíquica que se exerce sobre unha persoa para obligala a decir ou facer algo en contra da súa vontade) nada menos.

Coaccións a quen? A quen usando a forza ou a violencia se lle impediu votar ou se lle obrigou a votar o que non quería?. Neste senso,  a máis determinante ata o momento é a declaración do delegado de SPJ-USO en Pontevedra, que mediante un xuizo de valor, non ten probas de nada, intenta criminalizar o que foi una resposta espontánea e lóxica de reproche á deslealdade e ao engano. Este delegado permítese, nun acto de cinismo absoluto, decir polos xulgados que o chamaron como testemuña, que non sabía nada, que a súa obriga é declarar. Claro que as testemuñas teñen obriga de declarar, neste caso estábano desexando, pero esa obriga tamén se estende a dicir a verdade, esto parece que non o teñen tan claro.

Faltan por coñecer máis declaracións de testemuñas. Ampliaremos esta información en canto o Fiscal Xefe cumpla coa LACrim e nos pase copia de todo o actuado, que ata o momento se nega.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario