viernes, 22 de junio de 2018

""A Fiscalía abre dilixencias contra cinco sindicalistas xudiciais por coaccións"


As actuacións derivadas das dilixencias de investigación iniciadas na Fiscalía de Pontevedra a  raiz dunha denuncia presentada por un delegado incluido na lista por Ourense de  SPJ-USO (ainda que actualmente este delegado non está liberado sigue sendo delegado e  membro da xunta de persoal), continúan coa declaración en calidade de investigados de delegados  sindicais de Alternativas  na  Xustiza- CUT e  STAJ e poderían dar lugar a máis declaracións de compañeiros que o día da consulta exerceron o seu dereito ao voto sen outro delito que expresar publicamente o seu malestar polo que entendían como unha traizón por parte de catro sindicatos que dicían representar os seus intereses.
Novamente a Xunta de Galicia está a encargarse de dar as instrucións ao sector sindical "amigo" para que a folga finalice con tan mala imaxe que ningún outro sector teña ganas de iniciar novos conflitos, e para iso emprega a represión contra os sindicatos que non nos dobregamos aos seus intereses e mantivémonos fieis aos dos traballadores.

E así se recolle esta noticia nos medios






STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras. 

No hay comentarios :

Publicar un comentario