A nosa idea, e a de todos, sempre foi conseguir unha
subida lineal que supuxese unha cantidade superior os 200 euros, eso tiña
fundamento na diferencia que nos leva o País Vasco, mais de 450 de media, e na
mellora conseguida en Asturias 163 euros sen apenas mobilizacións, neses
primeiros momentos ninguén pensou nun posto senón nunha cantidade, deixásenos
no posto que fose.
Xa entrados no mes de decembro, e despois de
entrevistarnos cos Grupos Parlamentarios da Oposición, dámoslle as grazas por
todo o que nos apoiaron tanto no Parlamento como nos Concellos e nas
Diputacións, o PP negouse a recibirnos, o Grupo Parlamentario Socialista
presenta unha moción despois dunha interpelación a Rueda. Esa moción presentada,
non se podía aprobar sen o voto favorable do PP que conta coa maioría absoluta
no Parlamento, e non houbo máis remedio que negociar con eles. A moción
aprobase o 19 de decembro por unanimidade, pero para que o Partido Popular
votase a favor tivose que reformar o texto inicial, e con respeto ao CAT quedou
como segue:
“O Parlamento de Galicia insta ao
Goberno galego a atender ás reclamacións dos sindicatos con representación
entre o persoal de Xustiza de Galicia, abrindo un período de diálogo permanente,
nos seguintes termos:
1º) Mellorando as retribucións dos
traballadores da Administración de Xustiza coa media do resto de Comunidades
Autónomas, especialmente no complemento autonómico transitorio.
Realmente
o Partido Popular meteunos o primeiro gol no texto desta Moción, pero en si
mesma esta Moción non era máis que unha Resolución do Parlamento de apoio as
nosas reivindicacións e o mesmo tempo instaba á Xunta a solucionar o conflito. Nin
era necesaria nin moito menos vinculante. Como temíamos faltoulle tempo a Rueda e Cia. para agarrarse
a ese Acordo e facer desa mera declaración do Parlamento o teito das nosas
reivindicacións. O peor non foi eso, senón o que tamen determinados Sindicatos,
non fai falta poñer as súas siglas, sí eses que estades pensando, fixeron o
propio a renglón seguido da Xunta, e entonando a mesma cantinala empezaron uns
detrás dos outros a falar de cumprir o “Acordo Parlamentar” como si esa
declaración do Parlamento fose unha Lei que obrigase aos Sindicatos e ao
Executivo galego limitando a uns para dar e a outros, o Comité de Folga, para
pedir. A propia web do Parlamento de Galicia describe así a transcendencia
destas resolucións:
Os textos
aprobados constitúen resolucións do Parlamento, mediante as cales este
manifesta unha opinión, unha vontade, insta a facer determinadas actuacións ou
lle dá o seu apoio a alguén. Estas resolucións non obrigan xuridicamente o
Executivo, aínda que, baixo o punto de vista político, si ten importancia o seu
incumprimento ante a opinión pública.
Como coa
denominación de “Acordo Parlamentar” non se daba a entender a obrigación de ter
que cumprilo, a Xunta empeza a falar de “Mandato Parlamentar” intentando desta
maneira facernos crer que estaban
limitados por esa Resolución e non podían salirse dela e por outro lado
avisando aos Sindicatos que a petición das cantidades do CAT estaban vulnerando
ese mandato do Parlamento.
Pero
outra vez o peor ven cando determinadas organizacións sindicais aceptan esa
Declaración do Parlamento como límite máximo para reivinidicar a suba do CAT e
empezan a chamarlle tamén “ Mandato Parlamentar”, multitude de declaracións de
sindicalistas destas formacións feitas na radio, nos xornais e mesmo nas
reunións de negociación coa Xunta así o acreditan. Hai uns días escoitamos a
mesma canción na boca da Xunta e de varios representantes sindicais intentando
describir o Acordo coa Xunta como un Acordo que cumple co “Mandato
Parlamentar”, non hai máis que pedir e a Xunta xa nos diu todo o posible, ou
queredes que imcumpla a orde do Parlamento, viñan a decir uns e outros.
Como
sabedes o Parlamento non é quen negocia, nin esa Resolución que aprobou obriga
á Xunta nin aos Sindicatos, é unha mera recomendación ou suxerencia e un
mensaxe de apoio as nosas reivindicacións, non é unha Lei e por suposto nunca
debeu tomarse como obriga para marcar o teito reivindicativo nin para
xustificar as bondades dun mal pacto por moito que cumpla con esa simple manifestación
parlamentar.