lunes, 14 de noviembre de 2016

STAJ pide que se consoliden como plantilla os reforzos que leven tres ou máis anos

STAJ nun escrito dirixido a DXX pidelle que se consoliden como prazas de plantilla, en toda Galicia, os reforzos que levan tres ou mais anos traballando de xeito ininterrompido no mesmo Xulgado ou oficina Xudicial, tal a como se vai a facer no Ministerio.
Que se empeze de inmediato co tramite pertinente para que unha vez creadas as prazas, poidan ofrecerse a concurso e ser ocupadas por titulares no vindeiro ano 2107. 

A solicitude que fixemos esta fundamentada do xeito que segue:

O Ministerio de Xustiza, por medio dun Acordo asinado coas Centrais Sindicais máis representativas no ámbito da Administración de Xustiza a nivel nacional, comprometeuse a consolidar, no seu ámbito territorial, aqueles reforzos que levansen tres ou mái anos, convertindoos en plantilla.

En Galicia temos reforzos que sobrepasan con moito os tres anos ininterrumpidos, e debemos pensar que sí despois de tanto tempo eses reforzos siguen sendo necesarios nos órganos e oficinas xudiciais donde traballan, é inevitable o aumento das plantillas, porque non podemos alongar sine die unha situación provisional, cando de sobra sabemos que as cicunstancias que orixinaron esa situación non decaen e se van a manter no tempo.

Aínda que o incremento conxuntural das cargas de traballo constitúe algo consustancial ao funcionamento de xulgados e tribunais, pois depende de diferentes circunstancias en ocasións dificilmente previsibles, constátase que existen reforzos que se viñeron mantendo de maneira sostida ao non decrecer o número de asuntos que precisan de tramitación e resposta xudicial, estas cincunstancias obligan a reforzar as relacións de postos de traballo ou plantillas daqueles órganos xudiciais afectados; reforzos que se deben consolidar ao non diminuír xa as tarefas ordinarias, constatándose un déficit estrutural que debe ser corrixido para dar o preceptivo servizo a cidadáns e profesionais.

Non olvidemos que recentes Sentenzas de Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) condenan a España ao quedar probado que a norma española que permite a utilización de nomeamentos de duración determinada e sucesivos para atender a necesidades permanentes nos servizos publicos, é contraria ao dereito da Unión Europea (UE). O TJUE, ditaminou que o uso de tales nomeamentos só pode estar xustificado para atender a necesidades temporais, nunca estructurais.

Mediante estas sentenzas, o TJUE "declara que a norma española, ao permitir a renovación de nomeamentos de duración determinada para cubrir necesidades permanentes e estables, a pesar de que existe un déficit estrutural de postos de persoal fixo, infrinxe o acordo marco" sobre traballos de duración determinada.

Ver escrito dirixido á DXX