A actual normativa que regula as substitucións no Corpo de Auxilio Xudicial mediante quendas, que se están a levar a cabo nas grandes cidades de Galicia, unido a unha mala xestión deste sistema que se fai dende as Delgacións, estase a mostrar incapaz de solventar dun xeito áxil, efectivo e xusto a problematica derivada das substitucións entre membros do Corpo de Auxilio.
O sistema actual de nombrar a dúas ou tres persoas de xeito voluntario para un periodo de 15 días, pagándoselles a mesma cantidade fagan unha ou dez atribucións, unido a posibilidade de que nos casos de ausencia xustificada, carga de traballo ou urxencia nos órganos de orixe, o persoal das quendas esta exento de sustituir, obrigando así a chamamentos forzosos sen retribución, está a xerar casos de xente que se aproveita do sistema para facer as menos atribucións posibles, eso sí cobrando o mesmo que aqueles que fan moitas máis que eles. Por outro lado estánse a producir chamamentos forzosos que non son retribuídos, o que nos parece discrimanatorio e inxusto.
Para acabar coa "picaresca" da que falamos, cos chamamentos forzosos, e coa falta de reribucións destos últimos, propoñemos á Dirección Xeral a reforma da normativa, previa a convocatoria de Mesa Sectorial, no sentido que segue:
1- Que se cren prazas de auxilio xudicial nos Servizos de Apoio dos Decanatos. As prazas deben ser de plantilla e nas sete cidades galegas, para tal fin débense crear coa suficiente antelación para que se ofrezan no concurso de traslado do ano que ven.
2- Que se creen listas abertas en cada localidade para realizar as función das quendas, eliminando os períodos de 15 días que recolle a resolución de 7 de maio do 2008, coa finalidade de que se poida botar man a diario, polo seu orden, de tódolos compoñentes de esas listas, no caso de imposibilade de substitución polas persoas os que lles correspoderia con anterioridade .
3- Que as quendas se paguen por atribución efectiva e realizada.
4- Que no caso de non haxa persoal dispoñible nas quendas e se teña que chamar de maneira forzosa que se lles pague a mesma retribución que os compoñentes das quendas e por traballo efectivo.
escrito con selo de presentación