lunes, 3 de agosto de 2020

Mesa Sectorial do 31 de xullo. Traxectoria profesional, grao 1.

O venres pasado tivo lugar por videoconferencia a Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia na que o primeiro punto a tratar foi a implantación do grao 1 da traxectoria profesional.
STAJ non entende, e así llo dixemos ao Director Xeral, como a Xunta pretende desenvolver o acordo da traxectoria profesional a través doutro acordo, a non ser que se pretenda retrasar a tramitación e o pago deste complemento que xa debía estarse cobrando. Era moito mais doado e mais rápido que, en base ao acordo base, se sacase unha Orde, Resolución ou Instrucción da propia Administración para determinar o encadramento no grao 1 e que de xeito inmediato se publicase. Ao optar por un novo acordo retrasase o proceso de encadramento e o pago, pois se debe ainda asinar, despois debe asumirse polo Consello da Xunta, xa veremos cando, e despois publicarse no DOG.

En definitiva STAJ non entrou no xogo da DXX, e manifestamos as nosas discrepancias co propio borrador que incide nas mesmos erros que o acordo anterior que STAJ vai impugnar, e solicitamos que se  aproveitase esta oportunidade para mellorar a traxectoria profesional e tamén rematar coas desigualdades e coas discriminacións que se recollen no acordo asinado en  xuño por tan só 3 sindicatos. Lembramos algunhas causas polas que STAJ non asinou:

- Por non ter en conta os anos de antiguidade, entramos todos a vez no grao 1.
     - Por non se consolidarse as cantidades no CAT.
    - Por non se recollerse as cantidades no texto, a súa determinación queda suxeita ao que dispoñan os orzamentos da Xunta para cada ano.
     - Por non pagar xa de entrada a totalidade das cantidades que corresponden a cada grao, prorrateandose en varios anos, ata en catro.
    - Por discriminar aos xestores e médicos forenses aos que se lles obriga a pasar un ano mais en cada grao, aínda que cumprar cos requisitos para pasar ao grao seguinte.
    - Porque ese texto non se lles aplica aos interinos, se lles aplicará outro, non se sabe cal, nin cando nin en que condicións. Debe aplicarselles este acordo, nen mellor nin peor.
Pola Adminstración se nos manifesta que esto é o que hai e que non se vai a cambiar nin un ápice do acordo de xuño, vista a negativa de mellora e por coherencia STAJ non suscribirá este texto.
- Ante esta negativa STAJ pediu que o encadramento fose de oficio, sen necesidade de solicitalo, coa posibilidade de renuncia voluntaria.
- Tamén pedimos que se recollesen no texto as cantidades concretas que se van a cobrar por mes, por corpo e cada un dos anos que dura o grao 1.
- Solicitamos a actualización inmediata do expediente persoal electrónico, para que non teñades que  acreditar méritos que lles deben constar a propia Administración.
- Pedimos que as licenciaturas e graos  universitarios sexan tamén méritos avaliables.
- Instamos a que o grao 1 se lles aplique no corpo actual a aqueles que cambiaron de corpo en febreiro e marzo pasado, por mor do concurso, e non se lles aplique no corpo no que estaban en decembro de 2019, se lles está perxudicando.

Como sabemos que na DXX son pouco amigos de facer cambios no borradores, deixamos as cousas mais destacadas deste borrador que seguro se elevará a definitivo sin apenas modificacións:
-     O encadramento no grao 1 será no corpo no que se estivese en servizo activo a 31 de decembro de 2019. Débese ter 5 anos mínimo de antiguidade nese corpo.
-    O encadramento debe solicitarse a través do OPAX, nun prazo de 15 días hábiles, cremos que ese prazo non se abrirá antes de mediados de setembro.
O pago será con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2020.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras