martes, 4 de agosto de 2020

Mesa Sectorial do 31 de xullo, plan de actuación.

O venres tamén se trato una Mesa Sectorial o plan de actuación dirixido en principio para os Xulgados do Social, do Mercantil e do Contencioso. A Xunta volve a asumir  íntegramente, non tiña porque facelo, o pésimo plan que aprobou o Ministerio sen respaldo sindical. STAJ propuxo que fose mais ambiciosos e visto que a crise sanitaria afectou a tódolos ordes e xulgados,  ese plan se levase a cabo en tódolos ordes xurisdicionais e en tódolos xulgados que superen os módulos fixados polo CXPX, incluidos os xulgados mixtos que cumpran con esa condición de superar os módulos. Nesa línea pedimos tamén que os xulgados do Mercantil de Santiago, Ourense, Ferrol e Lugo e os do Social de Pontevedra e Santiago que foron excluidos, sexan incorporados ao plan.

Este plan vai contar con dúas fases, a primeira solo para os xulgados do Social e do Mercantil  que superen os modulos do CXPX nun 130% entrará en vigor a primeiros de setembro e durará ata fin de ano. O segundo empezará a primeiros de ano e poderá extenderse aos xulgados do contencioso e a outros xulgados sen determinar de momento.

Dentro das medidas de reforzo establece tres tipos:
Autoreforzo, que consiste en prolongacións de xornada dos funcionarios de ditos órganos e se concreta en tres prolongacións de xornada, as que poderán optar tamen os Auxilios, por cada xulgado do Social da Coruña, de Ferrol, de Vigo, de Ourense e Lugo. “Os xulgados do Social de Pontevedra e Santiago non teñen medidas de reforzo”. Con respecto aos xulgados do Mercantil as prolongacóns de xornada limítanse a dúas o corpo de xestión e dúas do corpo de tramitación por órgano, en principio non entran os Auxilios, e solo nos xulgados de Vigo, A Coruña e Pontevedra.
-Reforzo externo, que non é mais ca un Xulgado bis no que habería un Xuiz, un Letrado e varios funcionarios, mantendose o do Social e Mercantil de A Coruña
-Reforzo estructural, que supón a creación de novos xulgados do Social, en Lugo o número 4, en Coruña e Vigo o número 7. Estes novos xulgados entrarían en funcionamento o longo do mes de Novembro.

Este plan de actuación vai ligado a obxectivos concretos subordinándose a cantidade de sentencias, autos e decretos dictados en cada Xulgado e terá un seguimento quincenal. Ademais das medidas de reforzo tamén se toman determinadas medidas procesales como:
- Implantación do sistema do procedemento testigo na xurisdicción civil e social.
-Tramitación do recusrso de apelación pola sección correspondente da Audiencia non polo xulgado.
- Seguirán estando en vigor medidas relativas a cita previa, o teletraballo e a videoconferencia.

Staj mostrou as súas queixas porque a selección do persoal para ralizar as diversas prolongacións de xornada se fará polos xuices a proposta do Laj de cada órgano xudicial e tamén porque nos xulgados do mercantil as prolongacións de xornada, en principio, están excluidos os auxilios.


Noutro orde de cousas tratadas na mesa STAJ compremeteuse a ASINAR O ACORDO QUE PERMITE QUE OS XESTORES EN FUNCIÓNS DE SECRETARIOS DE PAZ COBREN UN PUNTO MAIS POR ESA FUNCIÓN, o pago tera efectos retroactivos ata 5 anos.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras