martes, 14 de julio de 2020

Permiso por concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude

Lembrámosvos que todos aqueles que realicen o examen do vindeiro 18 de xullo do Corpo de Tramitación Procesual, turno libre, terán dereito a libranza do venres día 17 para realizar a viaxe, debendo solicitado a través do opax en exames finais e demais probas definitivas de aptitude, debendo pedir xustificante ao tribunal do exame para despois aportalo no prazo dos 15 días seguintes.

A resolución do 8 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, que regula o réxime e procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia establece no seu artigo 5º o permiso para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude en centros oficiais, "os/as funcionarios/as gozarán dun permiso de acordo co seguinte réxime:

a) A duración será polos días da súa realización, incluíndose os necesarios para realizar a viaxe cando o exame e demais probas se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Sen prexuízo da documentación que se poida  exixir, deberase xustificar a asistencia aos exames e ás demais probas dentro do prazo dos quince días seguintes ao da súa realización.”


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras