lunes, 13 de julio de 2020

Modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

Aprobouse a modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia que figura no anexo da resolución.

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo co artigo 523 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, unha vez aprobadas as relacións de postos iniciais, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia para aprobar as súas modificacións. En todo caso, as modificacións das RPT iniciais que se produzan deberán contar co informe previo do Consello Xeral do Poder Xudicial e, para a súa efectividade, é preceptiva a comunicación previa ao Ministerio de Xustiza.

Preme aquí para ver a resolución 

Aumento de prazas nas Fiscalías de Galicia


ÓRGANO XUDICIAL
CXPA
CTPA
FISCALÍA PROVINCIAL DA CORUÑA
1
1
FISCALÍA DE ÁREA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

2
FISCALÍA DE ÁREA DE VIGO (PONTEVEDRA)
1
2



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras