jueves, 9 de julio de 2020

EDIFICIO XUDICIAL TUI. Transporte de expedientes

O 27 de Novembro de 2019 inaugúrase o novo edificio dos Xulgados de Tui  na Praza de Galicia s/n  trasladándose os anteriormente situados na Praza da Inmaculada e o Paseo dá Corredoira.
Segundo avanzou daquela a Vicepresidencia “será unha das sedes de xustiza sen papel, polo que se dotará  aos funcionarios de medios telemáticos e técnicos de última xeración”.
Aínda que  o desexo era bo, o certo é que síguese mantendo un gran número de expedientes xudiciais en formato papel no que se treballa a diario.  Os arquivos continúan nas antigas sedes  véndose os funcionarios do corpo de auxilio xudicial na obriga de acudir aos mesmos para transportar á nova sede xudicial aqueles procedementos  que  resultan necesarios e imprescindibles  na práctica diaria.
A Unión Europea adoptou en 1990 a Directiva 90/269/CEE, que se  transpon ao dereito español por medio do  R.D.487/1997, do 14 de abril , na cal se considera carga calquera obxecto que pese máis de tres quilos.
De acordo co artigo 3 do devandito  RD 487/1997, a Administración “tomará as medidas de organización adecuadas, utilizará os medios apropiados ou proporcionará aos traballadores tales medios para reducir o risco que entrañe dita manipulación”

Por todo iso desde  STAJ interesamos que se dote a cada Xulgado dun carro de tres rodas para facilitar o traslado case diario de procedementos arquivados á nova sede xudicial,  os cales ademais  de permitir adaptar a normativa específica as condición laborais do persoal que os transporta, garantindo a sua saude, avitará a exposición  e axudará a preservación dos expedientes sobre todo os días de choiva. Lembremos que a día de hoxe trasládanse en man.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras