sábado, 30 de mayo de 2020

EGAP: “O LEVANTAMENTO DA SUSPENSIÓN DOS PRAZOS ADMINISTRATIVOS E PROCESUAIS: CUESTIÓNS PRÁCTICAS DE INTERESE”

“O LEVANTAMENTO DA SUSPENSIÓN DOS PRAZOS ADMINISTRATIVOS E PROCESUAIS: CUESTIÓNS PRÁCTICAS DE INTERESE”

A EGAP organiza o próximo xoves 4 de xuño ás 12 da mañá na Aula Virtual da Escola un seminario web dirixido a analizar en profundidade o levantamento da suspensión dos prazos administrativos e procesuais.

Persoal destinatario: persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

Criterios de selección: a orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes ata completar o número de prazas (60).

Matrícula dispoñible desde as 8 horas do 1 de xuño ata as 15 horas do 3 de xuño en https://egap.xunta.gal/matricula

Máis información en  https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3445


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras