viernes, 3 de abril de 2020

STAJ insta o Ministerio a que ordene aos Letrados da Administración de Xustiza a visualizar LEXNET

O Consello Xeral do Poder Xudicial, tras a queixa formulada polos Tribunais Superiores de Xustiza de Canarias e Andalucía, enviou requirimento ao Goberno Canario e á Junta de Andalucía, a fin de que se absteñan de ditar disposicións administrativas que “obstaculicen o acceso á tutela xudicial efectiva dos cidadáns destinatarios dos servizos esenciais”, en directa alusión ás últimas instrucións e resolucións ditadas por estas dúas Comunidades Autónomas en relación á dotación de persoal para a atención dos servizos esenciais. 

O fundamento principal do requirimento e das queixas dos Tribunais Superiores de Xustiza, -que se producen sen constatar nin unha soa incidencia negativa en canto á prestación dos servizos esenciais, pois ningunha se produciu-, é que co escaso persoal presencial con que se dotou a eses servizos, especialmente nos órganos con competencias penais, non é posible acceder a Lexnet para poder visualizar os escritos e “cualificar” a súa urxencia. Ademais, atribúe esta obrigación de “cualificar” os escritos aos funcionarios, o cal sorprende, pois se trata dunha responsabilidade que legalmente corresponde aos Letrados A. J., que como tal é indelegable.

Pois ben, tanto o TSJ de Canarias, como o de Andalucía, falta a verdade, xa que é falso que os Letrados A. J. non poidan acceder a LEXNET en remoto. Desde STAJ comprobamos que si poden facelo, dende os seus computadores persoais privados, o único que necesitan é ter instalada a súa firma dixital, algo que hoxe en día, seguro que a maioría ten para poder facer xestións adminixtrativas como declaración da renda). E se non a teñen instalada, que a instalen, que é moi doado. Se os Tribunais de Xustiza non sabían esta posibilidade, é unha absoluta irresponsabilidade pola súa banda, non coñecer as opcións que a aplicación ofrece para o acceso en remoto.

Por eso STAJ insta ao Ministerio, para que dean as instrucións oportunas a fin de que os Letrados da Administración de Xustiza accedan en remoto diariamente ás bandexas de entrada de Lexnet dos seus respectivos órganos xudiciais, visualicen os escritos, cualifiquen se son urxentes ou non, e só no caso de existir algún relativo a actuacións urxentes propias dos servizos esenciais, dispoñan o xulgado para realizar a actuación de que se trate e polo tempo indispensable, necesario para que o persoal que estea en quenda de dispoñibilidade acuda ao juzgado.servizo ou oficina a realizar a actuación de que se trate e solo tempo indispensable, sempre que non sexa posible realizala de forma telemática.

É vergoñoso que a estas alturas moitos, que sí traballan dende a súa casa, aínda non comprendesen a magnitude da crise sanitaria que vivimos, e que é a redución drástica da mobilidade de persoas é a única medida eficaz para evitar a propagación do virus




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras