jueves, 2 de abril de 2020

Resumo da reunión de hoxe co Ministerio de Xustiza

Acaba de  rematar a reunión que houbo por videoconferencia co Ministerio, onde STAJ puxo de manifesto a contradictorias ordes dadas polos Secretarios Coordinadores Provinciais. En concreto en Galicia dous Coordinadores cumplen máis ou menos coa Resolución do Ministerio e da Direccion Xeral de Xustiza respeto do servicios mínimos, e outras dous alonxanse moito do que dispoñen esas resulucións.

Tamen lle fixemos chegar que hai ordes de algúns dos LAJs que interpretan a súa maneira as normativas e mandan ir a máis persoal, ou facer máis horario, do acordado pola administración competente.

Xa onte a tarde  falaron e lle deron instruccións de cumplimento estricto as Secretarías de Goberno dos TSX e hoxe voltaran a falar con eles co gallo de que  tódolos Secretarios Coordinadores, e polo tanto tódolos os LAJs, cumplan estrictamante co acordado polo Ministerio e as CCAA, e non haxa disparidade de criterios e interpretacións.

Tamen se falou do reparto de EPIs, dende STAJ esixiuse unha vez máis a entrega inmediata de equipos de protección suficientes para todo o persoal de Xustiza que presta servizos esenciais. Dixeron que despois dunha primeira remesa que mandaron, nestes dias van a mandar outra remesa moito máis grande e completa. Respeto do Test de detección do COVID-19, din que non teñen de momento, pero que en cuestión de días haberá unha partida para Xustiza

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras