jueves, 30 de enero de 2020

STAJ pide que se acondicione o local do Rexistro Civil.


Presentamos escrito a Xefatura Territorial da Conselleria da Presidencia e a Maxistrada Decana para comunicarlle as necesidades urxentes de acondicionamento do local do Rexistro Civil de Pontevedra que nos trasladan os funcionarias do mesmo, que hai apenas unha semana que están no edificio nova de Pontevedra. Pedimos que se arranxen deficiencias estructurais do local e se lles proporcione o material que necesitan para acondicionar a sala de entrevistas personais.
- Necesitan que se rebaixe a altura do mostrador uns 25-30 centímetros, coa altura actual teñen que levantarse cada vez que deben entregar ou recibir documentación dos cidadáns, pois non alcanzan a entregarlla sentados no seu posto de traballo.

- Necesitan que se habilite un portelo máis para a atención directa ao público na esquina esquerda do mostrador, só teñen dúas abertas e son tres persoas a atender a través do portelo.

- Necesitan que se acondicione unha salita anexa que van utilizar para as entrevistas de carácter persoal cos usuarios dese servizo. Esa salita contigua necesita unha mesa de traballo co seu computador e impresora e dúas ou tres cadeira para os cidadáns, non ten tampouco conexión para datos.

Pontevedra ao 28 de xaneiro de 2020.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.