jueves, 23 de enero de 2020

Chamamento de persoal interino: provincia de A Coruña

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de informarnos nun correo electrónico de que se autorizan os seguintes nomeamentos: 

1 praza de tramitación no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira,  outra de tramitación no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa (1 reforzo); dúas de tramitación na Fiscalía Provincial  (2 reforzos) e unha praza de auxilio no Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Ferrol

As 4 prazas autorizadas de tramitación cubriranse a través do Servizo Público de Emprego de Galicia. Para a praza de auxilio chamarase á única persoa de auxilio disponible na bolsa. Non é un chamamento urxente.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.