lunes, 23 de diciembre de 2019

STAJ pide que se conceda un "día adicional" a todo o persoal que estea de garda o 24 e o 31 de decembro

Remitimos este escrito a Dirección Xeral, en relación co dereito, recoñecido na súa propia normativa, de dispor un dia adicional de asuntos particulares para todo o persoal que estea de garda o día 24 ou o día 31 de decembro.

    A Resolución do 8 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e o procedemento da concesión de vacacións, permisos e licenzas do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia e igualmente e no mesmo sentido a ORDE do 18 de xuño de 2014 sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2014 dispón claramente e de forma textual, con respecto aos dias por asuntos particulares, que Os funcionarios que estean de garda o día 24 de decembro ou o día 31 de decembro, agás que coincidan en sábado ou domingo, terán dereito a un día máis.”

Por tanto, o persoal que estea de garda os días 24 e 31 de Decembro  ten dereito a un día máis en concepto de permiso por asuntos particulares, ao cumprirse a única condición de non coincidir en sábado nin en domingo. Ningunha das dúas normas fai distinción entre garda de permanencia e de dispoñibilidade, nin esixe que na garda de dispoñibilidade se deba asistir de forma efectiva ao xulgado, polo tanto debe concederse ese permiso a todo o persoal que estivese de garda en cada un dos partidos xudiciais de Galicia, como xa se fixo no ano 2015. Non é de recibo que a propia Dirección Xeral vulnere a súa propia normativa en vigor como fixo o ano pasado.

Este dia adicional ademáis de afectar aos compañeiros/as  dos Xulgados de Instrucción e Xulgados Mixtos, tamén afecta aos funcionarios das Fiscalías e aos Médicos Forenses de garda.

Tralo o exposto SOLICITO  que se conceda un día adicional por asuntos particulares a todo o persoal que estea de garda os días 24 e 31 de decembro, tanto de permanencia como dispoñibilidade.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.