martes, 19 de noviembre de 2019

Convocatoria da Comisión Paritaria de Interinos

Data.- 25 de novembro de 2019
Hora.- 11:00
Lugar.- Sala Colmeiro-EGAP

Orde do día
-          Lectura e aprobación da acta do 11/07/2019.
-          Estado das solicitudes e criterios das novas bolsas de interinos.
-          Criterios de aplicación, artigo 21 da orde do 4 de outubro de 2018.
 Artigo 21. Cesamento do persoal interino
1. O persoal interino nomeado ao abeiro do disposto no artigo 18 desta orde cesará cando se provexa definitivamente a vacante, se incorpore efectivamente o/a titular da praza ou se provexa temporalmente o posto de traballo por outro/a funcionario/a de carreira de acordo cos procedementos de provisión legalmente establecidos. Así mesmo, cesará por finalización das necesidades do servizo ou urxencia que motivaron o seu nomeamento.
2. O cesamento terá efectos no momento da incorporación efectiva do/da funcionario/a de carreira, de ser o caso.
3. Naqueles órganos que non estean incluídos nunha relación de postos de traballo, e no caso de que sexan varios os interinos do mesmo corpo que estean a desempeñar postos de traballo, para determinar que persoa debe cesar aplicaranse os seguintes criterios:
a) As persoas que non formen parte das respectivas bolsas de traballo ou de reserva cesarán con preferencia aos integrantes das ditas bolsas.
b) As persoas da bolsa de reserva cesarán con preferencia aos integrantes das bolsas de traballo.
c) Se hai funcionarios interinos que leven máis de 18 meses no mesmo órgano, cesará aquel que leve máis tempo traballando nel.
d) Se non hai ningún interino no mesmo órgano que leve máis de 18 meses, cesará o que leve menos tempo nel.
En caso de producirse un empate na aplicación dos criterios anteriores, cesará a persoa que teña peor posición na bolsa definitiva na data de publicación desta.
Os anteriores criterios non se aplicarán no caso de persoal interino que se reincorpore tras unha incapacidade temporal ou licenza por maternidade, debendo cesar neste caso aquel que fose nomeado con causa na dita incapacidade ou maternidade.
4. O persoal interino nomeado ao abeiro do disposto no artigo 19 desta orde cesará por expiración do prazo ou da causa pola cal fora nomeado.
No caso de se reducir unha medida de reforzo nun órgano no cal haxa máis dun funcionario interino de reforzo con idéntica data de finalización de nomeamento, aplicaranse os criterios de orde de cesamento previstos no punto 3 deste artigo.
5. Ademais, para os interinos nomeados ao abeiro tanto do artigo 18 coma 19 desta orde acordarase o cesamento:
a) Por falta ou falsidade inicial ou sobrevida dalgún dos requisitos exixidos ou das circunstancias alegadas para a súa inclusión na bolsa.
b) Por sanción de falta grave ou moi grave imposta por vía disciplinaria, de acordo co previsto na Lei orgánica do poder xudicial e mais no Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 796/2005, do 1 de xullo.
c) Por alcanzar a idade legal de xubilación, excepto que se acorde a prolongación de permanencia no servizo activo.
d) Por manifesta falta de capacidade que lle impida cumprir coas funcións asignadas e manifestada nun rendemento insuficiente, de conformidade co establecido no artigo seguinte.
e) Por supresión dunha praza no centro de destino.
f) Por desdotación orzamentaria.
g) Por renuncia voluntaria.
h) Por non realizar ou non superar o curso de formación obrigatorio ou non superar o período de prácticas.
i) Por non presentación da certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais ou non autorización á Administración para obtela, no caso de que para o posto sexa necesaria.
j) Por supostos de violencia sobre a muller, acoso ou acoso laboral, acreditados por resolución xudicial.
k) Por calquera outra causa prevista nesta orde e no resto de normativa vixente.

6. Cando se produza o cesamento dun funcionario interino, colocarase ao final da correspondente bolsa, agás no caso de que non acadase os 180 días de servizo entre todos os destinos servidos durante os nomeamentos realizados ao abeiro da bolsa vixente que nunca fosen computados para estes efectos. Os servizos prestados refírense a nomeamentos xerados para o mesmo corpo en que cesan.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.